Opinión

Amplificador do legado dun ditador

A TRANSICIÓN permitiu a convivencia posterior polas renuncias de todos. De uns máis ca outros, claro. Unha das concesións foi facilitar a reconversión dos franquistas en demócratas sen represalias. Pero o mitificado proceso deixou algunhas eivas, como permitir a pervivencia de entidades piares do réxime e a creación de outras para glorificar e manter viva a esencia do ditador. E aí estamos, corenta anos despois, cunha fundación que leva o nome do tirano, encargada de xestionar parte do patrimonio do que agora gozan os seus herdeiros, como o pazo de Meirás, e que continúa co seu labor divinizador desa época negra, porque legalmente pode. Esta anacrónica condescendencia cos continuadores do legado, coa ideoloxía antidemocrática e con símbolos preconstitucionais é o que permite que sigan campando nun país que lexislativamente en catro décadas aínda non tivo o ánimo de ilexitimalos. 

Comentarios