Viernes. 24.11.2017 |
El tiempo
Viernes. 24.11.2017
El tiempo

Aceleración xudicial

DEBEMOS agradecer a este proceso catalán inconcluso que a Xustiza española deixara de ser lenta. Nos dous últimos meses pasou dunha dilación desesperante a ir lanzada. De feito, incluso ás veces adiantouse aos acontecementos e algún tribunal se permitiu advertir a institucións que non obraran de determinada maneira diante da posibilidade de incorrer en delito. A ver se segue sucedendo así, porque como circulou polas redes Urdangarín e Rato deben estar partóndose de risa ao ver que a xuíza citaba en tres días a declarar a Puigdemont tras a presentación da querela da Fiscalía. Hai uns anos un dirixente galego pregáballe a unha xuíza que o citara para acelerar o proceso, pero logo do tempo transcorrido o único avance é que se converteu en cadáver político porque o asunto aínda non se resolveu. E a saber cando. Pero parece que agora cambia o ritmo, iso ou que se acelerara só para Cataluña.

Aceleración xudicial
Comentarios