Opinión

3 out

A TENSIÓN vivida o domingo continúa, aínda que doutro xeito, porque a vergoña dunha xornada non se tapa cunha madrugada. Tiña dúas posibilidades o Goberno, deixar que quen quixera depositase unha papeleta nunha urna para logo desacreditar calquera resultado coa ilegalidade que veu argumentando nas últimas semanas, ou enviar as forzas de seguridade, e elixiu a peor. A imaxe das cargas policiais, que eran inevitables se se toma a decisión de retirar o material da consulta, só reforza aos independentistas, que agora teñen tamén, igual que o Executivo central cando afrontou o 1-O, dúas opcións, ou declarar a independencia en base a unha votación dubidosa, fuxida cara adiante de imposible cumprimento, ou convocar eleccións no mellor escenario posible para os seus intereses. Todo indica que dentro de pouco, quizais antes de acabar o ano, colocaranse urnas; desta vez si, con todas as da lei.

Comentarios