Opinión

Turismo

ESPAÑA VAI ben. Polo menos no que se refiere ao turismo. Iso é o que reflicte a enquisa do Ine de febreiro sobre o sector. Uns 13,7 millóns de turistas estranxeiros -un 13,7% máis que no mesmo período de 2015- visitaron o país o mes pasado. A tendencia positiva mantívose en marzo. O sector cualifica de excelentes as cifras de ocupación durante a Semana Santa. O turismo, como no último medio século, desde o tardofranquismo, segue tirando da economía española. Todo o que sexa crear emprego é benvido, e o turismo crea moito, aínda que temporal e mal remunerado. O turismo é unha proba de que España funciona a pesar dos seus políticos. Os cen días transcorridos desde o 20-D cun Goberno en funcións e os líderes dos catro principais partidos mareando a perdiz non se notaron na vida da cidadanía, que se tivese que agardar que lle sacasen as castañas do lume os dirixentes ou os aspirantes a selo, ía aviada. Volvendo ao principio, e independentemente da eterna discusión sobre a rendibilidade dun turismo todo a cen de sol, praia e borracheira, a bonanza das cifras de visitantes ten moito que ver coa caída en picado do sector en países tradicionais competidores de España, como Túnez, Turquía ou Exipto, castigados pola violencia yihadista. A pena é que ao tirón turístico non o acompañe o da industria ou o agrogandeiro, ou que a xuventude -ilustrada ou non- volva ter que buscarse a vida na emigración. Pero iso é fariña doutro costal. Ou non.

Comentarios