jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Retratados

AS ENQUISAS dan por feito que os resultados das eleccións -aínda non convocadas- do 26 de xuño non diferirán moito dos do 20-D. O que garante, dada a acreditada fiabilidade das sondaxes, que haberá variacións substanciais. Porcentaxes de voto á parte, os partidos emerxentes chegaron para quedar e o bipartidismo non ten traza de revivir a curto prazo. A dúbida está en se os electores, cansos da incapacidade dos políticos para obter acordos, quedarán na casa -o que ansía o PP- ou se a previsible alianza de Podemos con IU ilusionará e mobilizará ao electorado progresista. Estes máis de 120 días de esperpento serviron para que os electores teñan un retrato máis preciso dos xefes dos catro principais partidos. Rajoy foi o máis fiel á súa traxectoria. O aínda líder do PP fixo o de sempre: nada; só deixar que a cousas podrezan ou se arranxen soas. Sánchez tentouno, sen deixar de ser refén dos baróns e a baronesa do partido, que agora esperan a que se esnafre o 26-J. É a traxedia do PSOE, dividido entre uns votantes maioritariamente de esquerdas e uns dirixentes que prefiren aliarse coa dereita. En canto a Iglesias -a quen, a diferenza de Rajoy e Sánchez nos seus partidos, ninguén lle discute o liderado en Podemos-, estes catro meses serviron para confirmar que necesita puír a súa prepotencia. E Rivera, encantado de coñecerse, tras coquetear co PSOE non dubidará en arrimarse ao PP se o dote vale máis a pena. Que catro pés para un banco!

Retratados
Comentarios