jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Matemáticas

CASE TODO todo o mundo dá por feito que a falta de acordo entre os partidos para formar Goberno vai desembocar na convocatoria de novas eleccións. Pode ocorrer, pero conviría non esquecer que estamos en España, onde o de deixalo todo para última hora é un sinal de identidade. Dos líderes dos catro partidos máis votados, o único que fixo unha carreira (universitaria) relativamente relacionada coas matemáticas foi Pedro Sánchez, que estudou Económicas. Mariano Rajoy, Albert Rivera e Pablo Iglesias optaron pola disciplina monocultivo entre os políticos -o Dereito-, aínda que o líder de Podemos tamén cursou Ciencias Políticas. A pesar de que pareza que non quere decatarse, Sánchez sabe perfectamente que para ser presidente -do Goberno, non da comunidade de veciños- depende das matemáticas, que son máis túzaras mesmo có líder do PSOE. Para lograr a investidura, Sánchez necesita si ou si o beneplácito -xa sexa co voto a favor ou a abstención- do Partido Popular ou de Podemos. Logo, para sobrevivir no cargo si que podería aplicar a xeometría variable -nisto apóiame a dereita e no outro a esquerda- do tan recordado -sobre todo polo PP- Zapatero. Pero para sobrevivir no poder, hai que chegar el. E nada lle garante ao licenciado en Económicas -se encabeza a candidatura do PSOE, que esa é outra- que vaia optar á presidir o Goberno tras uns novos comicios. Por tanto, aínda quedan tres semanas de partido.

Matemáticas
Comentarios