miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

Espanto

UN ANO despois do naufraxio fronte ás costas de Lampedusa no que morreron uns oitocentos migrantes, o Mediterráneo vén de ser escenario doutras dúas grandes traxedias. Quinientas persoas perderon a vida cando tentaban chegar a Italia desde Libia, e catrocentas cando querían facer o mesmo desde Exipto. Mentres, centos de miles de persoas que tratan de fuxir da miseria e das guerras de Siria, Iraq ou Afganistán malviven en campos de Turquía e Grecia tras a atroz decisión dos gobernantes europeos de pechar baixo sete chaves as fronteiras. A ata agora democrática -con todos os matices que se queiran- Unión Europea pásase agora polo forro calquera respecto non xa á Convención de Xenebra e ao seu propósito de protexer ás vítimas das guerras, senón ao máis elemental dos dereitos humanos. O empeño da UE en poñerlle portas ao campo -o bloqueo da ruta dos Balcáns é o último exemplo- ante a súa incapacidade para xestionar o asentamento de refuxiados só serve para aprazar a solución do problema e propiciar que miles de desherdados deixen a súa vida en augas do Mediterráneo. Dos 16.000 refuxiados aos que se comprometeu a acoller, España só recibiu dezaoito!, seis máis que os que o Papa trouxo no seu avión desde Lesbos. Un millón de persoas esperan na devastada Libia para cruzar a Europa. A trasfega de fráxiles embarcacións cara a España vai en aumento. Mentres, as mafias fan o seu agosto. Ata cando tanto espanto?

Espanto
Comentarios