Opinión

Todos á cadea

Ao parecer estase preparando nos Estados Unidos unha serie de televisión sobre o chamado caso Watergate, que dou lugar á dimisión do presidente de aquel pais Richard Nixon hai medio seculo. Segundo noticias de prensa o novo serial enfocárase desde o ponto de vista dos protagonistas secundarios, e xa se sabe polo que atinxe ao séptimo arte que moitas veces estes rematan substituindo aos protagonistas no estrelato, tanto fílmico como o da fama mediática das revistas cardíacas do papel ‘cuché’. Para o futuro os casos de corrupción española rematarán sendo un filón espeso e ricaz, ainda que precisarán non só de actores de reparto, senón de abondosos extras como se fose recrear unha vebena, pero quizais máis pegada á realidade que a zarzueleira creación de De la Vega e Tomás Bretón. E algo de verbena hai nestes escándalos sobre todo se acudimos á tradición española, porque se viramos cara a nosa terra tamé n poderiamos falar de folión. O certo é que nestes tempos tan rapidos e volátiles como os que vivimos, a corrupción e as sus variantes están a piques de merecer unha entrada no que se chama folclore, pois xa dixo alguén que non hai nada tan contaxioso como o exemplo. Así se explica que esteamos nunha caste de andacio.

Pero collendo de novo o ganduxo das posibilidades dunha serie televisiva, non ao fio dun aniversario que non pode ser de medio século, senón do imán engaiolante da premente actualidade. Cóntase coa posibiidade de participar actores que poden facer a súa propia personaxe a cambio dos correspondentes emolumentos, que serian netamente honrados e legais Mediríamos deste xeito a capacidade como histrión duns cantos individuos, e mesmo poderian sorprendernos con técnicas tetarais como o distanciamento, sobre o que teorizou e experimentou Bertolt Brech, un creador certamente alonxado da militancia politica na que profesan a maioría deles, cunha contumacia que previsiblemente aboiará nos procesos xudiciais aos que estan predestinados, ainda que as présas ás veces opóñense aos achádegos, pero outras encirran a inspiración cara a xenialidade. Claro que nos casos de recreacions peninsulares, pouco mais se precisa que deixarse arrolar polos feitos espidos, como facian noutros tempos algúns vellos verdes e lascivos reis de España da chamada Casa de Austria, que coleccionaban e agachaban pinturas de turxente anatomía feminina.

Por continuar tentando ao demo ás atoutiñadas, está a posibilidade alternativa de crear unha comedia musical, sempre que se atope un xenio do estilo de Andrew Lloyd Webber, que foi quen de facer unha heroína da primeira muller do xeneral Perón, porque a segunda foi un chafariz de meigallos e feitizos. Pero voltando ás posibilidades televisivas que inspiran os norteamericanos, e á vista da lameira española da corrupción a quen realmente botamos de menos é a Luis García Berlanga, que foi quen de describir con retranca e enxeño aquel tempo de cazadores con bigode, rancia aboenza, alcanfor, piolleiras e corruptelas. O título dunha das súas máis mordaces películas poderia darlle nome ao serial. ‘Todos á cadea’. Non se trata dunha proposta abraiante, nen enxeñosa xa que falamos dun remate previsible, despois do to bed continued dde cada entrega, e a previa dose de suspense.

Comentarios