Opinión

Gabanza do libro

Un suplemento semanal dun xornal de grande difusión publicou uns datos certamente esperanzadores sobre o futuro dos libros impresos, ou sexa en contra do mouro futuro que moitos predican pola preminencia do libro dixital, e algúns agoireiros van mais alo e espallan ese orvir aos xornáis, quizais bastante antes tendo en conta o crecimento xeométrico na materia Segundo decian os autores do artriculo a virada foi a consecuencia do aillamento que provocou a pandemia, ou sexa que tivo esa vantaxe se podemos explicalo asi. E mesmo tamen o fai o Informe sobre habitos de lectura e adquisición de lbros en España, sen que isto teña que ver co sindrome de Estocolmo, ainda que lle fai as beiras.

A nós aparte de pertecer a unha xeración anterior, gorentounos a explicación entre moitas razóns porque o libro é unha obra de arte á marxe do contido, e quizais por conservarmos coma quen ten un tesouro un exemplar da edición orixinal de ‘De catro a catro’ de Manuel Antonio con ilustracións de Carlos Maside, por poñer un sinxelo exemplo. Ademais do contido estan os sentidos: ver o deseño, os espazos, a tipografia, e palpar o papel.Tamén por ser un admirador e amigo cordial de Fermin Penzol e tamén do figueirense Jose Luis Perez de Castro, dous ilustres bibliófilos da nosa veciñanza, desaparecido o primeiro hai moitos anos. Por outra banda a lembranza do noso primeiro activismo cultural por medio dunha inicialmente escueta Feira do Libro Galego, que comezou en 1969, ou sexa en vida da Sentinela de Occidente. Na miña acordanza bulen moitos detalles de aquel tempo, e entre eles unha conferencia do ano 1980 de Xesús Alonso Montero de sintético e expresivo título ‘O libro galego e outross libros entre o lume da Inquisición e o lume da liberdade’. Quizais outro argumento a prol do libro impreso, sexa a posibilidade da dedicatoria un valor engadido, mesmo tratándose de aqueles lixeiros riscos escaravellados en actos masivos como feiras do libro ou prsentacions, e xa non digamos as especificas e persoais ou sexa un galano que ten o valor do persoal, do afectivo mesmo, e mais se rematada a lectura esta foi pracenteira ou útil pois moito mellor.

Falando de dedicatorias manuscritas, ao fio dos precursores do libro galego temos que citar a Anxel Casal en cuxo obradoiro se imprimiu a revista ‘Nós’ e ‘A Nosa Terra’ nas diferentes épocas, aparte de libros fundamentais para a língua e a cultura galegas. Pois ben, xa hai bastantes anos un amigo noso agasallounos cun exemplar de ‘Nacionalismo Gallego. Nuestra afirmación regional’ de Antón Villar Ponte, editado na Coruña en 1916 cunha dedicatoria singular do autor a Anxel Casal, con este texto «A Anxel Casal Gosenxe. Un dos irmáns na Fala, un dos rapaces galegos que sinten fondamente a Galicia que a cotio axudan a erguer a conciencia da Patria escrava para facela libre, cunha aperta de agarimo». Está asinado na Coruña o 17 de setembro de 1917, ou sexa que daquela Casal tiña vintedous anos.

‘Ab hoc et bac hat’ xulgamos oportuno tecer unhas liñas de ledicia aproveitando os azos que nos brinda o artículo citado ao comezo, tan útil como o foron milleiros de volumes moitos saidos ao longo dos séculos dos obradoiros das imprentas lucenses, das que nos ten ilustrado o sabio Nicanor Rielo Carballo en 1982, a quen rememoramos nestas datas arredor do Dia do Libro. O volume recolle a producción entre 1495 e 1936, e como dato para o recuncho nativo, podemos decir que o introductor das artes graficas en Ribadeo foi Norberto Cascante, e á sua morte continuou a viuva e fillos. E foi o impresor do primeiro periódico da vila ‘La Cuenca del Eo’ en 1866. Logo seguiron moitos até o ponto de que nun tempo chegaron a editarse tres semanarios de información xeral simultaneamente.

Comentarios