Opinión

Fitos da memoria

Tivemos oportunidade hai uns días de participar nun acto de lembranza das víctimas da guerra civil, un asunto do que nos ocupamos nesta columna en máis dunha ocasión, pero que agora tivo unha concreción especifica moi especial, pois que o coñecimento dos parentes e descendentes das victimas, suma a emoción ao coñecimento. Hai xa moitos anos coñecimos e falamos con persoas que fixeron quendas de garda nas entradas da vila, para defendela dos militares sublevados que entraron a tiros o 23 de xullo de 1936. Tamén tratamos a algún dos fuxidos anos despois ao seu regreso do exilio, e igualmente a numerosos represaliados, que en casos destacados deixaron memoria escrita. Lembro tamén que nunha ocasión celebramos un acto na memoria de todos no Cemiterio Municipal, xusto na data na que unha Corporación denocratica, realizou unha incursión espúrea no nomenclator viario.

Por completar os precedentes no relativo á hixiene democrática,  antes de que existise o primeiro texto de memoria historica, tomamos o acordo plenario de facer desaparecer do rueiro calquer nome referido á Guerra Civil. En canto aos monumentos comemoratvos que ergueran os gañadores, existiu un modesto altar cun pináculo como remate, que se fixo desaparecer por atentado ao ornato publico, dado o seu deterioro. Como curiosidade sabemos que se pediron diversos orzamentos a casas especializadas na construcción de memoriais, pero pareceéronlles caros e recorreron a un deseñador local. 

Pero agora o que se fai por parte do Concello é sumarse ao proxecto mundial Stolpersteine, colocando corenta adoquins cos nomes de aqueles veciños que naceron, viviron ou traballaron  en Ribadeo e foron asasinados, paseados, fusilados ou mortos victimas da represion durante a guerra e a posguerra. O acto foi un momento para socializar a memoria, pois que ainda que temos citado algunha vez a frase de J. P. Richter de que a memoria é o unico paradiso do que non podemos ser expulsados, a represión conseguiu que ficara nas máis fondas simas do recordo: lembremos o verso de Luis Pimentel do poema ‘Cunetas’ de 1937: «Non chores que poden escoitarte.»

O proxecto de Pedras da Memoria leva colocados milleiros destes pequenos fitos desde o ano 1997. Ribadeo é o primeiro lugar de Galiza onde se instalan, pero o feito dentro da súa sinxeleza ten un fondo valor simbólico, pois que se trata nada menos de reconstruir un anaco da historia agachada, e que se transmitiu silandeiramente, en arume de lenda por usar palabras de Castelao. Houbo oportunidade de rememorar que a columna militar entrou en Ribadeo na data sinalada O semanario La Comarca do día 19 de xullo informa da proclamación do estado de guerra. Os partidos da Fronte Popular organízanse  e constituen un Comité que se reúne na Casa do Pobo, declárase a Folga Xeral e establécense quendas de garda. Ese dia rexistranse baixas e comeza o terror como xa explicamos hai dias nesta columna, pero no canto de reiterar aqueles datos, imos fixarnos nun senlleiro. Cando se comemorou o centenario do naufraxio do bote salvavidas Fernando Villamil no 2019, tivemos oortunidade de referirnos á actitude afouta e xenerosa de 
Bruno Martinez Fernandez oñecido como O Barquilleiro, que se lanzou ao mar a nado para rescatar aos náufragos e que foi distinguido daquela coa Medalla de Bronce da Sociedde de Salvamento. O mesmo fixo resistíndose á columna facciosa que entrou en Ribadeo. Iso levouno á cadea, logo veu a saca por parte da cuadrilla do cangrexo e o asasinato. Para mostra un botón. 

Comentarios