Opinión

As dibras da historia

NON LEMBRO quen falou da influencia e do valor cultural do que antes se chamaban "terceiras páxinas" dos periódicos, ou sexa os artículos de fondo ou de opinión, ainda que nestes tempos de redes sociais e dixitalización xeralizada, quizais algúns conceptos ou criterios foron mudando. Con todo, as análises ben elaboradas coa compaña das críticas enxeñosas, seguen sendo atractivas características dos xornáis. E tamén as polémicas, unha delas subscitada estes días co gallo da aparición dun libro titulado 1936.Fraude y violencia en las elecciones del Frente Popular.A falsificación nalgunhas mesas electorais, permítelles aos autores do libro (Álvarez Tardío e Roberto Villa), asegurar que de non mediar a falsificación a derrtota da Frente Popular daríalle a victoria á direita, argumento que historiadores solventes tachan de falaz, pois non existía unha candidatura alternativa unitaria, antirrevolucionaría —segundo a terminoloxía dos autores—, xa que, a diferenza da esquerda presentánbanse divididos. Segundo os escritores devanditos, o responsable —quizais para eles o culpable—, foi o Presidente da República, algo tamén moi cuestionado.

Mais, sen entrar no caso concreto e detallado das mesas electorais estudadas, tanto a violencia como os amaños, foron sempre notas distintivas de moitos procesos electoris, desde o intre no que o cabalo do xeneral Pavía entrou no salón de plenos do Congreso dos Deputados, despois do breve período republicano. A nivel de microcosmos local, ademais de situar as papeletas negativas dos referendos nos cuarteis da Guarda Civil, están documentadas en diversos procesos, tempos e lugares, as cotizaciósn na compravenda de votos, ou os de desmesurados resultados. Non hai que recuar moito no tempo nen furgar con exceso na memoria, para repaarar en verdadeiros miragres como o de votar non xa na agonía, que tamén, senón despois deste val de bágoas como sucedeu, por exemplo, aló na badía do Río da Prata, porque o censo de residentes ausentes, no alén, eran quen de votar no aquén.

Non custionamos que se deran eses e outros casos de calotes electorais, pero o que si poñemos en dúbida é a verdadeira intención da obra. Non se trata de distingos eruditos, senón de percurar xustificacións para o pecado orixinal dun réxime instaurado en 1936, cunha traxectoria inmensa de curueldade e horror Despois de tanto tempo, para moitos é dificil apartarse do aforismo de Petronio a xeito de balance ‘Asinus in tegulis’. O que si asombra é a permanencia no tempo e mesmo en ámbitos cultos dos tiraboleiros, para alguén que só era responsable perante Deus e a historia que, para el era apenas unha volalla.

Segundo Montaigne é mais traballoso analizar as interpretacións que as cousas, e ainda que sexa glosalas criticamente resulta tan necesario como explicar un contrato. Haberá que preguntarse por qué, dotados como están os autores, non esmiuzan poñamos por caso o libro de López Galuá sobre as profecías da futura grandeza de España, editado en 1939. Tamén o cura lexitimou o carácter providencial do réxime, como queda patente nalgúns dos apartados do libro: España, factor principal en la lucha y en la victoria de la Iglesia sobre la Revolución Roja, rematando a sua obra coas palabras "Dios, España,Franco", versión modificada da triada carlista. Nós preferimos as de Curros Enríquez: "Miñas triadas valentes / (…) onde haxa virtú, bicade; / onde haxa vicio, feride".

Comentarios