domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

Vilalba deu o primeiro paso

A CHOIVA non axudou, pero aínda así o sábado foi un día de festa en Vilalba. Uns 600 nenos e nenas de dez municipios xuntáronse para celebrar o deporte, para compartir unha tarde de xogos e de competicións diversas, nas que o resultado final era o de menos. Foi posible porque unha vez máis, se traballou en equipo. Vilalba deu exemplo coa celebración colectiva das Letras Galegas e volveu dar un paso adiante con esta festa, prestándolle total apoio á Agrupación Deportiva Terra Chá, igual que o programa Xogade. Sería posible facelo sen a súa implicación? Si, pero sería máis díficil. A cita quere ser itinerante, así que veremos quen se molla para o ano.

Vilalba deu o primeiro paso
Comentarios