Opinión

Urbanismo in extremis

CASTRO DE Rei e Guitiriz, e non son os únicos, veñen de aprobar contra o reloxo os seus PXOM. Tras 15 e doce anos de trámites respectivamente, costa crer que houbese que esperar ao últimatum da nova lei do solo e aos derradeiros días de prazo para que isto ocorrese, aínda por riba entre abstencións por descoñecemento e xestos magnánimos para non tirar por terra todo o feito. E o triste é que aínda haberá que felicitalos, porque polo menos eles lograron mandarlle un plan urbanístico á Xunta. Os do resto, estean como estean, haberá que revisalos. Toca chorar polos cartos que se gastaron en balde e romper a hucha se se pensa en continuar.

Comentarios