Opinión

Unha voltiña por Rozas

A XUNTA non deixa de cantar as bondades da Civil UAVs Initiative, con pioneiro ou referente como verbas de uso coitá por eses lares, aínda que o común dos mortais non deixe de matinar en que andan a gastar 150 millóns. E é que por agora, o que hai semellan castelos no aire. Son reais o vello aeródromo que conservou o Real Aeroclub de Lugo e o Ciar, que ‘só’ custou dez millóns e que xa deu pasos importantes. É nas súas instalacións onde se fan os actos para os que nos convocan a nós, a prensa, con regularidade. Benvidas sexan esas chamadas, pero quizais non estaría de máis convidar aos veciños a dar unha voltiña, para que saiban de que vai a cousa.

Comentarios