miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

O xogo das cadeiras

ESTES DÍAS asistimos, tanto na política local vilalbesa coma a nivel nacional, a todo un xogo de cadeiras onde as novidades son mínimas e as responsabilidades se reparten coma quen dá cartas para unha partida de tute. Podes levar unha boa ou unha mala man e, se es un
bo xogador, podes levar o control da mesa, porque a fin de contas, as opcións son as que son, e na baralla só hai 40 cartas. Cos partidos pasa un pouco o mesmo, uns e outros non deixan de falar de renovación, pero á hora da verdade, as cartas semellan ser sempre as mesmas. Vilalba repite alcalde e España repite ministros. Haberá algún Ulises que prefira, non sei, o Caribe?

O xogo das cadeiras
Comentarios