Opinión

O drama do non saber

O NON saber case nunca é bo, por moito que cambie o escenario ao que se aplique. E en casos coma o que está a vivir a familia de Oliva López, en Meira, vólvese en dramático. Cada día que pasa pérdese un pouco máis a esperanza, xa non a de atopala con vida, case unha quimera tralo tempo transcorrido, senón simplemente a de atopala... e despedila dignamente. Hai portas que precisan ser pechadas e esta é unha delas. Por sorte, son moitos os que están a pór o seu gran de area para que Oliva non se converta nunha estatística máis, para que a súa familia non teña que vivir, coma a de moitos outros desaparecidos, na incerteza do qué pasaría.

Comentarios