Opinión

Culpables ata que se probe o contrario

A XUSTIZA pode ser cega, pero os veciños non. E cando levan a un alcalde esposado ou poñen patas arriba a casa do concello, non poden deixar de pensar que algo ben gordo tivo que facer, porque por un ‘quítame aí esas pallas’ non se monta tal espectáculo. Trabúcanse. Comprobámolo coa famosa e eterna operación Rey, sete anos no limbo. Como moito, as condeas serán económicas, se é que non os absolven, coma a Ana Canto. E veremos que pasa en Pol, aínda que de momento, o xuiz di que as supostas ameazas que abriron o proceso non foron tales. E malia á presunción de inocencia, aquí todos son culpables, ata que proben o contrario.

Comentarios