Opinión

Un Papa de todos

SE O SEU é un dos nomes propios da semana, agora éo por partida doble.

Días despois de celebrar o segundo aniversario do seu pontificado, Francisco revela que ten a ''sensación'' de que o seu mandato á fronte da Igrexa Católica será ''breve''.

Mantivo desde o comezo o ronsel rupturista xurdido dun día 11 de febreiro de 2013, cando Bieito XVI anunciou a súa retirada. Agora, o que foi o seu sucesor recoñece que comparte esa idea: abandonar o poder nun periodo relativamente curto de tempo, como moito, catro ou cinco anos.

Esta solución correspóndese con todo o defendido desde a súa chegada ao Vaticano, pero non por iso resposta aos que se preguntan que virá despois do Papa que foi máis de todos ca ningún.

As palabras dun pontífice que rompeu moldes, portada de Time e da Rolling Stone, case soan xa a despedida, se ben, segundo os seus propios vaticinios, andamos aínda polo ecuador do seu propio anaco de historia.

Comentarios