Opinión

Lume

LÍA HAI días unha curiosa reflexión sobre o moito que nos preocupamos do mundo que deixamos aos nosos fillos e do pouco que o facemos polos fillos que nós deixamos ao mundo. Coa nova vaga de lumes por toda Galicia que vén de pasar ante os nosos ollos, penso que non se pode estar máis de acordo con esa frase. Un dáse de conta do enferma que está unha sociedade na que se demostra, ano tras ano, que tantos -nin un, nin dous, nin tres- son capaces de ver rendibilidade económica onde outros choran un desastre natural. Que son quen de ver negocio en arrasar por completo o mesmo chan que pisamos, o aire que cada día respiramos, mentres outros buscan unha Galicia que se manteña verde e loitan con unllas e dentes por salvar sequera unha fraga en perigo. Que só ven cartos cando o resto loita por un mundo mellor para os seus fillos e por uns fillos mellores para un planeta de todos.



Comentarios