sábado. 06.03.2021 |
El tiempo
sábado. 06.03.2021
El tiempo

El é Balbino...

UN RAPAZ de aldea. Coma quen di, un ninguén... Converteuse no Xosé Neira Vilas que conseguiu emocionar a Galicia enteira e a medio mundo desde o outro lado do planeta, desde o infinito das cousas máis pequenas e simples. Converteuse tamén no amigo Pepe Neira para os seus máis prezados compañeiros e, para o resto, nunha especie de Cervantes das nosas letras galegas; un dos nosos mellores embaixadores na Historia. Hospitalizado desde hai días en Compostela por mor dunha neumonía, seguía ata ben pouco antes de caer enfermo a dar forma e xeito a novas historias para traer ao mundo desde o seu Gres natal. Oxalá todos eses contos e outros que queden por vir nos cheguen desde ese man amiga, a súa.

El é Balbino...
Comentarios