A deputada Paula Prado non necesita unha familia que lle limite o acceso á hostalería. Ela, por si mesma, decidiu que non volverá entrar nun bar de Santiago porque o dono colgou un cartel...
COMPOSTELA é unha cidade santa. Unha urbe debe ter máis igrexas que prostíbulos rexistrados no censo municipal para acadar a santidade.
No abril dos 19 anos aprendín os horarios de todas...
Abril ten o sol máis falso do ano. O domingo confiei no xeito en que brillaba pola ventá para lanzarme á rúa en manga curta. Andaba con ímpeto pois a rúa Flor de Malva está a 50 minutos lugueses da...
NON SON afeccionado ao fútbol, pero cando xoga o Athletic dáme medo mirarme a un espello porque recoñezo emocións de hincha. Non me deron a escoller se quería nacer en Bilbao como non me...
COMPRAMOS un sofá. Dous señores vestidos de vermello e resignación viñeron traelo a media mañá. Pousaron caixas marróns con cinchas durísimas de plástico negro no centro da sala. Marcharon...
COMO ME TOCABA cociñar na casa decidín preparar un prato con varios ingredentes, sofisticado. Saín cedo para ao Mercado comprar hamburguesas, leituga, tomate, cebola e uns boliños de pan.
En...
A VIAXE de onte foi como a vida mesma: longa, fugaz e desagradable. Non me gusta facer centos de quilómetros en coche cando vai calor. Non me permite falar co revisor, como no tre. Non...
A Nancy Reagan gustáballe recibir xente na Casa Branca. Aquel día de 1987 convidara artistas. Viu entrar un afroamericano cansado polos anos. O home andaba a pasos cortos, en espamos, e...
BASCUAS, o meu amigo poeta, é experto en milagres. Unha vez fixo viño usando auga. Foi unha merenda no Armonía que se complicara ata a noite. Juan do Armonía estaba xubilado, pero...
A PRIMAVERA chegou tarde e confusa á miña casa. Unha pega pousou na ventá, a unha terceira altura. Levaba no bico unha rama para o niño.
Buscou o cedro do ano anterior. Talaron a árbore por...
Manuel Azaña foi o mellor escritor e o peor político da República. Era benintencionado, pero incapaz de comprender a España que lle confiaron. Os alcaldes do Bloque de Ribadeo poñen as gravatas...
O pouco que recordo da xuntanza é o fume que quedara na sala. Lembro sentir voces graves de homes fumando. Vira dous señores entrar na casa.
A Luis Cordeiro xa o coñecía porque tomaba as...
Como non podo pasear polas noites busco conspiracións na rede social Twitch. Un cazafantasmas de Roma descubriume que no Vaticano hai un telescopio bautizado como Lucifer. Para quen non...
PACO BASCUAS contoume onte co café como imaxina o pleno de Lugo de hoxe, no que Miguel Couto cesará como concelleiro. Paco, poeta, describiu a sesión como un coro do teatro clásico grego. Os...
GÚSTAME QUE SE note o ovo cru e amarelo na tortilla. No Manger son máis inclinados a unha presentación compacta. A pataca que usan faime esquecer a miña preferencia e o xiro do planeta. Evito...
ÁS VECES paseo por Lugo moi cedo ou moi tarde. Quero ver a cidade espida, sen panadeiros nin noctámbulos.
Onte fun ata a cabeceira de Quiroga Ballesteros para ter unha perspectiva de como...
DÁMASO ALONSO estaba deitado na cama unha noite de 1940. Tiña os ollos abertos coma un aforcado. Ergueuse. O horror supuroulle por un poema: "A veces en la noche yo me revuelvo y me incorporo en...
PACO NIETO sae barato ao Concello de Lugo. Non dá gastos de auga nin luz. Ten o Arquivo Histórico Local na memoria. Pode trasladalo dun lugar a outro da cidade sen contaminar.
O CONVENTO DAS dominicas en Lugo é amplo e soberbio, coma un galeón do século XVI que tivese quedado varado na praza de Santo Domingo. Os días de sol rico, coma este sábado, estou tentado a...
A ÚLTIMA VEZ que me cadrou co padre Xesús Mato foi nos soportais da Praza Maior. Esquecín o ano, mesmo o día. Lembro os recurtes de luz triste retidos polos arcos. Mato díxome que me parecía ao Sansón da Biblia.
PARECE UN chiste. Catro clientes dun bar de Guitiriz preguntaron se podían tomar "a última" aos gardas civís que os multaban por incumprir o decreto da pandemia
Os MEUS FILLOS van cansos de escoitarme que deben amar Lugo, que o seu corazón debe bombear sangue cada día polo sitio no que naceron, que deben tatuarse as marabillas da cidade para rezalas no...
Asisto incrédulo outra vez a esa longa tradición española de crear partidos para deixalos que se enchan de bolsas de plástico. Ser intelectual é a profesión brillante de quen non serve para a...
TONES ESTÁ no medio da rúa dos viños, entre as pedras pardas e a chuvia de Lugo. Fascíname que aínda sorría. Ten un sorrriso precioso, pero sen xustificante.
AS EFEMÉRIDES do amor nunca se lembran. Son incapaz de ter a reserva no restaurante no día do noso aniversario. O positivo é que a miña muller nunca mo reprocha ata que pasan uns días porque...
BOTO EN falta os paseos nocturnos. Antes de que a peste afundise todo subía andando ata Garabolos. Esperaba un bo pedazo onda o cuartel do bombeiros para ver se algunha estrela fugaz se revelaba...
CANDO ESTABA solteiro facía turismo de cemiterios. A morte non me interesa. É como que che guste subir montañas e busques o abismo, o que non é montaña. Non camiño cara ao baleiro, pero as lápidas...
Uxío Novoneyra quedaba nas madrugadas solitarias na redacción dos informativos da Española. O espazo era inmenso e descorazonador coma as montañas do Courel. Pechaba as portas, apagaba as luces...