ACHÉGOME ao radiador e apreto as mans contra a taza do café para absorber a súa calor. Desde fóra a paisaxe é fermosa. O brillo da xeada sobre os campos e as árbores conforman sempre estampas...
A REAL Academia Galega celebra hoxe unha sesión extraordinaria para recibir como membro numerario a Marilar Aleixandre. Do mesmo xeito que noutras columnas que escribín para este xornal lamentaba...
VOLTA DAS vacacións de Nadal, 5º de EXB dun grupo escolar situado na xeografía rural galega. Era, para moita rapazada de promoción, o curso da súa graduación. Unha vez rematado, con once ou doce...
TOCOUME ESTES días, como soe acontecer, facer balance do ano que remata. Refírome a balance no ámbito literario: os mellores libros, os feitos máis salientábeis, a fotografía destes doce meses......
O OUTRO DÍA recibín por correo postal unha felicitación. Non me refiro a unha felicitación comercial nin institucional, que imaxino que algunhas aínda seguirán a circular por esa canle, senón a...
DE NENA botaba de menos non ter máis libros ao meu redor. Miraba con cobiza as librarías, os catálogos e calquera anuncio que reproducise unha portada cun título. Desexaba ver moitos volumes onda...
DUN XEITO ou doutro, e para mellor ou para peor, todos recordamos nestas semanas a Fidel Castro. Alen da lembranza histórica, que axudaron a pór ao día materiais audiovisuais diversos, fomos quen...
LEVAMOS días recibindo información -máis ou menos completa e máis ou menos imparcial segundo que medios a transmitan- das exequias de Fidel Castro. A raíz da súa morte, as semblanzas encheron os...
Á CAMPAÑA contra a violencia de xénero iniciada polo Concello de Santiago, Compostela en negro, sumáronse este ano moitas outras institucións municipais. A exposición nos escaparates das tendas de...
TANTO COMO ver os turróns máis madrugadores nos escaparates solleiros do outono, sorprendeume un ano máis o anuncio da Lotería de Navidad. En realidade, o que me sorprendeu foi velo convertido en...
FALEI ALGUNHA vez aquí da cuestión do tamaño. Nesas liñas non me refería tanto a como as cousas acaban ocupando espazo -mental, afectivo ou anímico- dentro de nós, senón sobre todo de como as...
LEO CASE a un tempo, por esas casualidades que acontecen de cando en vez, unha reportaxe sobre a desintoxicación dixital como tendencia, e outra sobre o recoñecemento da desconexión fóra do...
LEMBRO escoitarlles contar a moitas persoas como os mellores que libros que leron, os que lles deixaron unha pegada máis fonda, chegaron a eles por unha casualidade. As variantes do relato son...
LOCE ESTES días de outono nos expositores un libro deses que convidan a collelo entre as mans e abrilo para descubrir os seus tesouros. E digo abrilo no sentido literal, pois o volume, encadernado...
DE PORTAS para fóra, relativizamos a miúdo o peso dos premios e a necesaria relación entre estes e a calidade das figuras ou obras galardoadas. A desconfianza axúdanos a fortalecer un criterio de...
O DESEXO de marchar a unha illa deserta estivo sempre presente, en canto soño de fuxida, no imaxinario colectivo. O ideal, vago e utópico, vestiuse con roupas varias collidas á literatura e tamén...
COMO PROFESIONAL do ensino, non son poucas as cuestións que neste momento me preocupan. Unhas afectan directamente á (miña) universidade. Outras, polo contrario, teñen que ver co sistema educativo...
SE A LITERATURA son retallos de vida -realidade, mímese- ou arquitecturas de ficción é un debate vello. Esquecendo que posibelmente pendure entre unha e outra, lévase discutido abondo sobre se a...
MÁIS ALÁ da súa función primeira, que sería gañar o meu voto, hai unha parte das campañas electorais que sempre me pareceu interesante. É aquela que ten que ver coas estratexias publicitarias: os...
COMEZA O curso escolar nos distintos niveis. É o momento deses preparativos que moven un sector tan importante da economía de tempada, desde os libros de texto aos uniformes, no caso de os haber,...
ANTES DE pórme a escribir estas liñas, estiven repasando as noticias do día e non atopei novidades sobre a anciá que faltou do xeriátrico de Trives. A desaparición dunha persoa de idade,...
MANTER O HUMOR en circunstancias adversas non é cousa doada. Conservalo, por exemplo, facendo un traballo duro a altas temperaturas paréceme tan meritorio como non perder a cordialidade de cara ao...
ESA SEÑORA do vestido de flores, esa mesma que está comendo a empanada, vina eu o ano pasado tamén nun programa. Igual me pasou co home colorado que asaba as sardiñas, e co mozote bébedo da...
A IMAXE dun incendio forestal produce unha tristura desacougante e ao tempo desoladora. Á altura que collen as lapas e ás dimensións da masa de fume habería que engadir, nunha captura da paisaxe...
NON ACOSTUMO facer sitio á nostalxia no verán. Non senta ben coa calor e tampouco parece moi compatíbel nin co balbordo da estación nin co letargo institucional que acaba, queirámolo ou non,...
CO MES de xullo rematan tamén de xeito definitivo as actividades académicas, a cada paso máis dilatadas e dispersas no calendario. As últimas, as do ensino universitario, ocuparon estas semanas...
FÁLAME UNHA AMIGA, sabia nestas cousas e en moitas outras, da técnica da biblioterapia clínica e de como está demostrado que a boa literatura lle dá á xente recursos para afrontar adversidades....
COMO TANTAS veces, púxenme a coller o sono convencida de que o mundo no que entraba había ser ben mellor que aquel ao que pechaba os ollos. Acababa de ter noticia do acontecido en Niza. Vira novas...
O LECER E AS aglomeracións son as dúas caras da moeda do verán. Na cara amábel, os días longos e solleiros, o reclamo dos areais, as festas gastronómicas e as verbenas, e esa largueza dos horarios...
A SEMANA pasada abriu unha nova libraría en Compostela. A apertura dunha libraría é sempre unha boa nova para unha cidade demasiado afeita nos últimos anos a trocar negocios tradicionais por...