viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

Unha alianza necesaria para os gandeiros

A ALIANZA de Feiraco, Os Irmandiños, Melisanto e Xallas, pendente da ratificación en asemblea polos seus socios, semella o camiño a seguir polos produtores lácteos para ser máis competitivos nun sector en crise trala desaparición das cotas. É un primeiro paso necesario que repercutirá no abaratamento de custos nas granxas, e o seguinte ten que ser ambicioso e pasar pola transformación e venda conxunta da produción. Para o éxito desta aventura, cómpre que os promotores non esquezan fracasos como o de Alimentos Lácteos, que lle deu as costas ao sector. Porque cantos máis apoios sumen, máis fortaleza terán nas mesas de negociación.

Unha alianza necesaria para os gandeiros
Comentarios