Opinión

Unanimidade no Corgo

EN POUCOS concellos a oposición atopa tan boa receptividade ás súas propostas como no Corgo, onde a maioría das súas mocións recibe luz verde cun apoio unánime. Pasou de novo esta semana, nun pleno no que todos os partidos arrancaron compromisos do Concello. Axuda que o goberno estea en minoría, algo que o obriga a tender a man ao resto dos partidos, pero xa se amosaba receptivo noutros mandatos, cando non necesitaba apoios. Outra cousa é que eses acordos se materialicen. A oposición denuncia que iso non pasa e son habituais as súas mocións esixindo que se cumpran. Esa é a única vía para que esa unanimidade dea os seus froitos.

Comentarios