Opinión

Un pulso no turismo

A LOITA partidista parece imporse ao interese xeral e ao sentido común en moitos eidos, entre eles o turístico. O último exemplo é o inoportuno pulso entre goberno provincial e oposición pola selección de persoal para os catamaráns. Á marxe dos argumentos duns e doutros, esa disputa fai perigar o inicio dunhas rutas que supoñen unha grande inxección de fondos para os negocios da Ribeira Sacra. E hai máis exemplos, como as xiras por separado pola provincia, nas últimas semanas, de cargos da Deputación e da Xunta para, ironicamente, defender ante outros axentes do sector turístico a unidade de acción, entre reproches cruzados.

Comentarios