Opinión

Regulación en Outeiro

O GOBERNO e a oposición de Outeiro de Rei non se poñen de acordo sobre a mellor fórmula para a regulación urbanística dos núcleos dispostos a carón da N-VI. Mentres o Concello propón unha delimitación en polígonos desa área, que moitos propietarios rexeitan polo seus custos, o BNG demanda que se desbote ese proxecto «faraónico» e que o goberno local saque adiante o PXOM. Á marxe dos argumentos que poidan esgrimir uns e outros, e con ese plan municipal agora paralizado tralas queixas veciñais, o que parece claro é que unha regulación urbanística da capital do concello é necesaria é urxente, e debería nacer froito do consenso.

Comentarios