Opinión

Polvorín

Darío controla un Mikasa no vello Polvorín, coa xente sentada nas agora inexistentes bancadas. ARQUIVO
photo_camera Darío controla un Mikasa no vello campo do Polvorín, coa xente sentada nas confortables bancadas da época. ARQUIVO
XOGUEI NO Polvorín hai tantos anos que agora xa nin queda a cor marela da camiseta. Nin os vellos conxeladores nos que se gardaban os Mikasa que partían cabezas, nin a area que devoraba xeonllos, nin as liñas torcidas que pintaba como podía Manoliño logo de tomar catro viños. O Polvorín xoga agora nun flamante campo en Pol, viste de elegante albivermello e semella un equipo profesional. Cando eu deixei o Polvorín de Montero e Núñez, Feijóo era presidente de Correos e nin estaba afiliado ao PP, o Cholo apuraba a súa carreira en Italia e Carlota, que estes días se foi deixando un enorme baleiro, aínda nin nacera. Outros tempos. Quen sabe se mellores.

Comentarios