Opinión

Moita liorta na Deputación

PLENO tras pleno, a corporación provincial consegue que sumen adeptos os detractores das deputacións, que as ven como entes anacrónicos que só serven de refuxio para o partidismo. A última sesión volveu deixar moita liorta —ata nun debate sobre a violencia de xénero, onde non debera haber fisuras—; asuntos que acaparan a atención pero non se resolven, como o rol do deputado non adscrito, e case ningún avance palpable para a provincia, pola pouca vontade de entendemento. Parece que, ás veces, o goberno esquece que está en minoría e a oposición está demasiado centrada en quitar tallada. E mentres, os problemas dos lucenses sen resolver.

Comentarios