Opinión

Deberes no río Chamoso

A PRAIA do río Chamoso, no Corgo, é unha das tres áreas fluviais da provincia nas que a Consellería de Sanidade desaconsella o baño, pola deficiente calidade que presenta a auga. Non é algo novo xa que esa circunstancia se repite dende o 2014, tras anos previos de informes favorables. Urxe tomar medidas e buscar apoios para frear esa deterioración. Resulta paradoxal que se dea esta situación nunha área recreativa que o Concello ve como a gran baza do municipio para atraer visitas, sobre todo no verán. Non parece que a mellor forma para promocionar este espazo, no que o goberno local está construíndo unha piscina, sexa desatender o río.

Comentarios