Opinión

Cláusulas sociais de ida e volta

RESULTA DIFÍCIL de entender que a Deputación de Lugo veña de adxudicarlle a vixilancia do pazo de Tor, só por dous meses, a unha empresa condenada por impagos aos seus traballadores cando prestaba ese servizo noutros centros da institución. Semella que as cláusulas sociais nas contratacións, que impulsou o bipartito de Besteiro para blindar os dereitos dos traballadores, son de ida e volta. Esa adxudicación desconcerta e estaría ben que se aclarase se aquelas cláusulas cualificadas de pioneiras seguen en vigor, algo que ata necesita o BNG, que reclama que se apliquen pese a que o goberno do que forma parte asegura facelo dende hai case dous anos.

Comentarios