sábado. 22.01.2022 |
El tiempo
sábado. 22.01.2022
El tiempo

Catro anos sen noticias de Adif en Rábade

CATRO ANOS levan esperando os veciños de Rábade por un paso peonil para cruzar as vías no casco urbano, dividido en dous desde que en 2012 Adif valou a estación. Catro anos levan tamén a empresa e Fomento incumprindo co seu compromiso de construír esa infraestrutura, imprescindible xa que a única alternativa é un paso elevado en pésimas condicións que non é accesible. O Concello vén de enviarlle ao novo ministro de Fomento una carta reiterando esa demanda. Está por ver se o escrito ten resposta ou, como os anteriores, acaba nun caixón dun ministerio que só se amosou receptivo en época electoral ou ante a ameaza de protestas.

Catro anos sen noticias de Adif en Rábade
Comentarios