Opinión

A auga de Rábade

OS RABADENSES están acostumados a visitar o súper para facerse con auga embotellada cando chove, pola turbidez que presenta a da traída. Tamén están afeitos a que os políticos parezan estar máis polo labor de cruzar reproches por esa problemática que en buscar solucións, que pasan por acadar apoio doutras administracións para mellorar a rede. No último pleno quedou claro que o PP cre que o Concello oculta información sobre as análises, e que o goberno cre que a oposición é alarmista por insinuar que algún día a auga non foi potable. O que non quedou claro é se están facendo algo para evitarlles aos veciños esa compra obrigada no súper.

Comentarios