Opinión

Unha vasoira para máis dun lucense

CANDO O mércores se deu a coñecer que Lugo fora premiada coa Escoba de Ouro pola limpeza das súas rúas, a miña primeira reacción foi de incredulidade. Non cuestiono o traballo do Concello, nin da adxudicataria Urbaser, agora que Florentino Pérez a puxo a mirar cara China. Pero si, se os lucenses, algúns, merecen tamaña distinción. Que unha cidade non estea porca non só é labor dos que encargan ou prestan o servizo. Depende tamén do civismo dos seus veciños. E aí xa teño máis dúbidas. Coido que a máis dun lle deberían dar unha vasoira, mesmo dourada, para que alomenos varrera a merda que esquecen donos de cans.

Comentarios