Opinión

Os ananos xa medraron

XA LLE medraron ao Concello de Lugo os ananos do circo que ten montado durante este mandato. Só lle falta que o único edil de Ace-EU, Carlos Portomeñe, se leve mal consigo mesmo e vire a cara cada vez que se vexa nun espello. Á falta de xestión do equipo de goberno socialista por carencias propias, polo afogamento ao que o somete a bancada de enfronte ou polas cambadelas dalgúns funcionarios, súmanse as liortas dos dous principais grupos da oposición, PP e Lugonovo, agravadas nos últimos tempos. As recentes medidas adoptadas son só parches. A división segue agarrada ás entrañas dos seus respectivos grupos municipais.

Comentarios