Opinión

Onde te metes, compañeiro!


O fútbol saca o peor que levamos dentro os afeccionados. Iso padeceuno esta semana nas súas carnes, literarias, o meu compañeiro Sanntiago Jaureguizar. Inxenuo el, ou máis ben temerario, ocurríuselle sintetizar en Twitter o ostracismo perenne que sofre a cidade de Lugo, a raíz do que deparou a derradeira xornada de liga na Segunda División. E o que conseguiu foi un aluvión de zascas, parabéns os menos, dunha lexión de siareiros que non ven máis aló das cores do seu equipo cando malinterpreta que o atacan. Desa incursión saco unha lectura positiva. Véxome este sábado, Día do Patrón, seguindo xunto a el o partido de ascenso entre a SD Compostela e o Ourense CF. Sen comentarios.

Comentarios