Opinión

Fai falla

A REPERCUSIÓN que está a ter o Salón Internacional do Cabalo de Galicia, Equigal, supón unha labazada para eses agoireiros que lle poñen cambadelas ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Este certame, que prevé uns 15.000 visitantes e medio millón de euros de volume de negocio, pon de manifesto a necesidade de que a capital lucense siga contando cun recinto coma este. A Xunta, como está a suceder con outras infraestruturas da cidade, mira para o outro lado cando alguén peta na porta pedindo que arrime o ombreiro coa instalación das Saamasas. Cecais habería que mandar a un emisario de Ourense ou Silleda.

Comentarios