Opinión

É precisa máis presenza policial

O PROBLEMA dos gorrillas que solicitan coactivamente esmola nas inmediacións do hospital Lucus Augusti evidencia de novo a inacción do goberno municipal e da súa Policía. Este asunto voltou ao primeiro plano da revolta actualidade de Lugo ao dispararse as sospeitas porque un taxista denunciou que lle roubaron 1.500 euros, despois de que lle esnaquizaran unha fiestra do seu turismo, que tiña aparcado preto do centro sanitario. É precisa máis presenza policial, do corpo que sexa. Esíxeno a berros a cidadanía. E é que máis dun tivo a amarga experiencia de atopar o seu vehículo raiado logo de non acceder a pagar esa ameazadora taxa.

Comentarios