Opinión

Dous non pelexan se un non quere

OS VÍDEOS e as fotografías que circulan estes días como a pólvora polas redes sociais sobre as quedadas de menores de 15 ou 16 anos para pelexar no Cantiño de Lugo evidencian que case corren case máis risco as ducias de adolescentes que as contemplan sentados nos muros da muralla, que con calquera empurrón poden precipitarse desde cinco ou seis metros de altura, que os púxiles que contenden a ras de chan. Este amplo material audiovisual tamén pon de manifesto que estes combates, que xeran moita expectación entre os rapaces aínda imberbes, están organizados e suxeitos a unha serie de normas.

Comentarios