Opinión

Solidariedade sobrevida en porcións

NESTES DÍAS parece que as conciencias do primeiro mundo (zona Europa) estanse sacudindo polo drama dos deportados e dos inmigrantes que fuxen de diversas guerras, provocadas en moitos casos na procura do ''ben e o interese xeral'' que o único que están a orixinar é un movemento incontrolado de persoas que buscan na fuxida cara os países desenvolvidos unha esperanza para a supervivencia aínda que moitos deles deixen a súa vida polo camiño.

Tivemos que ver a faciana asustada de nenos de pel branca co medo tatuado na cara pasando por debaixo de arames de espiño ou atopar medio cento de cadáveres nunha camioneta para decatarnos de que algo está a suceder en países como Siria, Libia ou Afganistán.

Mentras a man negra da África Subsahariana petaba na porta de Italia ou mesmo de España para poder acadar o ''soño europeo'' con centos e milleiros de persoas afogando pola ambición desmedida de traficantes de seres humanos do século XXI que deixaban á súa sorte en embarcacións sen unhas mínimas condicións de navegabilidade en lugares próximos a Lampedusa, Malta ou Chipre parecía que o tema era unha cuestión menor.

Mentras a man negra da África Subsahariana petaba na porta de Italia ou mesmo de España para poder acadar o ''soño europeo'' con centos e milleiros de afogados (...) parecía que o tema era unha cuestión menor

Agora cando Angela Merkel, François Hollande ou David Cameron ven o problema diante das súas narices, con aglomeración de persoas indocumentadas que pretenden chegar ao reino unido desde Calais ou a Alemaña por Hungría e Austria é cando se ve convinte habilitar unha válvula de escape pola que repartir entre tódolos países membros da Uinón Europea (''solidariedade sobrevida'' en porcións...) o ''excedente humano'' que non deixa de saír nos noticieiros e poñer en entredito a ''sensibilidade humanística e do benestar'' do primeiro mundo.


E, mentras tanto, en España parece que non tiveramos historia ou quizais a temos completamente esquecida. Ninguén lembra agora os intentos desesperados dos refuxiados e dos deportados republicanos que ao termo da Guerra Civil malvivían e morrían de inanición nos ''campos de concetración'' (mal chamados campos de refuxiados) do sur de Francia agardando a oportunidade para ser embarcados rumbo a México e, en menor medida, Arxentina ou Cuba. Parece que todo o mundo renega do seu pasado e das súas raíces.

Ninguén lembra os nosos emigrantes e o papel que xogaron durante anos para manter abertas escolas elementais en pobos e aldeas ou o seu labor altruista que contribuiu ao desenvolvemento de moitos pequenos e medianos concellos do interior de Galicia que, sin a emigración terían moi difícil subsistir nos tempos da postguerra e da crise económica mundial dos anos 70.


Parecera que en Galicia vivíramos sempre de costas aos nosos familiares, aos nosos antergos que tiveron que afrontar a ''aventura incerta'' da emigración para procurar unha saída digna para as súas familias e para eles mesmos.

Moitos fracasaron, moitos poderían formar parte das fotografías, das imaxes, que agora vemos nos medios de comunicación de todo o mundo referido a desgracias doutros países pero que, salvando as distancias no tempo, ben poderían ser instantáneas de emigrados galegos a Buenos Aires, Montevideo, Caracas ou México, con travesías en barco inmundas onde xa a selección natural se encargaba de poñer fin ao sufrimento inhumán de moitos compatriotas que tiñan o xusto para pagar a pasaxe tras hipotecar (a outras mafias traficantes de persoas do seu tempo) Soas famosas visas para un futuro incerto.

Os galegos, e os españois tamén, nesto da xenofobia e da crítica desaforada á inmigración non podemos nin falar moi alto nin cuspir ao aire xa que temos moito que rascar e madurar, ou non?

Comentarios