Opinión

Saza e De Lara

O MESMO día de xullo (o 23) en que coñeciamos a morte do actor José Sazatornil, chegaba a noticia de que a xuíza Pilar de Lara viaxara a unha localidade mallorquina para interrogar a dous imputados no caso Pokemon; logo, case todos os medios informativos rectificamos porque se producira unha confusión: houbo interrogatorio pero ela non se moveu de Lugo. As dúas novas forman unha especie de conxunción planetaria, como aquela que Leire Pajín dixera que había entre Zapatero e Obama. Porque Saza é un dos protagonistas de 'Amanece, que no es poco', e as investigacións da Pokemon teñen chegado ata Molinicos, un dos concellos de Albacete nos que se rodara esa mítica película. O filme fixo famoso a Molinicos e De Lara está facendo famosa a Lugo.

Comentarios