sábado. 19.09.2020 |
El tiempo
sábado. 19.09.2020
El tiempo

As cousas a medias

CANDO ESTREAS unha casa, sobre todo se é do trinque, aconséllanche revisala polo miúdo, para que o construtor arranxe eses pequenos defectos que a miúdo quedan. Supoño que o mesmo farán os gobernos cando as empresas lles entregan as obras públicas, aínda que, á vista das últimas noticias, xa teño dúbidas. E é que algunhas das últimas autovías inauguradas en Galicia presentan unha manchea de taras: nunha non se pode circular cando hai néboa (A-8); noutra contaminaron a auga dunhas aldeas e había problemas de cimentación (AG-64), e na última esquecéronse das pantallas illantes do ruído e, por se acaso, non se pode circular a 120 (A-54), que é o normal nunha autovía. Hai un precedente pontevedrés, a A-52, con esas curvas da baixada de Puxeiros coa velocidade limitada a 80 ou 60. É dicir: gastas un pastizal nunha obra e meses/anos despois desembolsas outro nos arranxos. Ou alguén en Fomento ou a Xunta non fai ben o seu traballo ou isto son ganas de foder... e gastar.

As cousas a medias
Comentarios