jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

A aventura

EN TEMPOS, a principal actividade deportiva que podías ver na tele nas vacacións escolares de Nadal, Liga de fútbol á parte, era o torneo do Real Madrid de baloncesto. Daquela, chamábame a atención que os deportistas se prestaran a pasar fóra da casa unhas datas nas que o normal, polo menos na miña contorna, era vir mesmo de moi lonxe para pasar as festas en familia. Despois, chegou o París-Dakar, competición que arrincaba cando medio planeta estaba de festa celebrando o cambio de ano. Aquela carreira levaba aos medios de comunicación unha serie de topónimos evocadores: Teneré, Tamanrasset, Niamey…... E mirabas con admiración inocente a aqueles pilotos que se metían sós nunha aventura que tiña moito de loucura. Máis tarde viñeron as ameazas de Al Qaeda e os nomes que fan soñar cambiaron, porque a proba saltou a outro continente: Uyuni, Jujuy, mesmo hai un Belén…... Pero seguen sendo o mesmo tipo de tolos entregados á aventura por carreiros onde, se cadra, non volverá pasar outro vehículo de motor ata dentro dun ano. É unha (admito que envexable) simple aventura… con GPS, camións con comida para 60 rexementos, equipos de apoio con máis mecánicos que habitantes teñen algunhas aldeas… Si, logo din que os organizadores desta caravana dan axudas para as comunidades indíxenas, pero quédache un gusto agridoce, como se viras pasar unha expedición de tanques polas ladeiras do Mustallar...…

A aventura
Comentarios