Opinión

Volta ao deserto

A VIDA municipal leva cinco meses parada. Dende maio, entre as eleccións e o dantesco conflito da Deputación de Lugo, semella que os equipos de goberno están de prestado. Aquí non se move unha xestión máis aló das catro cousas do día a día. A situación sería ata explicable se houbese grandes cambios nos concellos e os novos rexedores estivesen coa toma de contacto, pero na Ribeira Sacra a maioría dos alcaldes repetiron, tripitiron ou cuatripitiron. Pero nin con esas collen o ritmo. Alá quedou aquel traballo frenético e o cúmulo de proxectos de antes das eleccións. Retornamos ao deserto, á eterna hora do café da política municipal.

Comentarios