Opinión

Trampulladas no regadío

A COMUNIDADE de regantes do Val de Lemos ten hoxe unha asemblea para aprobar sancións contra os que usan o regadío de xeito fraudulento. A medida tiña que ter chegado fai moitos anos, cando o espírito trampulleiro que nos caracteriza se aliou cunha infraestrutura nun estado deplorable. O do regadío é unha desas novelas que tanto gustan na comarca de Lemos, semellante á do porto seco. A plataforma loxística aínda non é unha realidade. O regadío existiu, pero veciños e administracións —esas que no discurso teórico falan de defender o rural e o sector agrario— deixárono esmorecer e agora semella imposible de recuperar.

Comentarios