Opinión

Tomen o viño que máis lles preste

HAI UNS días estivo na Ribeira Sacra Luis Gutiérrez, que ten como misión catar os viños da denominación para o gran gurú dos Estados Unidos Robert Parker. Será Gutiérrez o encargado de valorar os caldos cos chamados puntos Parker, que poden relegar un viño ao anominato ou lanzanlo á fama no potente mercado americano. O problema é que nisto non é todo obxectividade. Estes ‘puntuadores’ están vinculados a grandes importadores con carteira de produtos e intereses propios. Tamén entran en xogo os contactos e as guerras entre equipos. Entón, o meu consello é que tomen o viño que máis lles preste, teña os puntos que teña.

Comentarios