Opinión

Obras ou chambonadas?

HAI OBRAS que nunca quedan ben. Nos anos 90 o Concello de Monforte, en mans do PP, reformou a Rúa Cardenal, pero as pedras que conforman o chan da parte peatonal sempre deron problemas. Cada pouco tempo hai que retocalas. No 2011 o mesmo Concello, xa co BNG, remodelou a praza de abastos. Dende esa data houbo inversións continuas para subsanar as deficiencias que quedaron. Son dous proxectos de calado que non deron os froitos que debían. Non chega con anunciar obras, hai que supervisalas e auditalas para garantir que o diñeiro de todos queda ben invertido e, no seu defecto, esixir responsabilidades a quen competa.

Comentarios