Sábado. 16.12.2017 |
El tiempo
Sábado. 16.12.2017
El tiempo

O catastrazo

O TENSO pleno que se viviu en Pantón á conta do catastrazo puxo de manifesto unha serie de cuestións. A primera delas, que os cidadáns non tomamos moi en serio as medidas do Goberno ata que nos chegan á casa en forma de recibo. A segunda, que eses representantes municipais que escollemos para que defendan os nosos intereses están máis pendentes de barrer a favor do partido ao que pertencen ca de preocuparse por nós. A terceira, que os partidos que colocamos na oposición que deberan delatar aos que están no Goberno cando fan algo que nos perxudica, tamén andan aos biosbardos e non reclaman ata que xa é tarde. E así nos vai a todos.

O catastrazo
Comentarios