Opinión

Chantada paralizada

CHANTADA INCÍVICA é un perfil de Facebook no que os veciños denuncian problemas de tráfico, de urbanismo e outras carencias. Bonitismo é un grupo de Whats App a través do que varias persoas se xuntan para limpar barrios e parroquias. O Recuncho Solidario é o nome dun local coordinado por voluntarios onde se recolle roupa, mobles e outras enseres para as persoas con menos recursos. Estes tres colectivos son unha mostra admirable da implicación veciñal, pero tamén poñen de manifesto que hai unha parálise total do Concello de Chantada que, anque colabora nalgún aspecto coas iniciativas nomeadas, sempre vai por detrás dos cidadáns.

Comentarios