domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Castro Candaz

O MES DE novembro case ninguén coñecía Castro Candaz, anque o baixo nivel de auga do río Miño xa permitía ver os restos da súa fortaleza medieval. En xaneiro poucos podían vivir sen ter unha foto que constatase que estiveran no promontorio de Chantada, o destino de moda do momento. As redes sociais lograron darlle ao lugar (de indiscutible beleza) a fama e o interese que non conseguimos suscitar os medios de comunicación, os historiadores, nin os veciños en moito máis tempo. Queda saber canto tempo vai durar a gloria porque o efecto de internet é, a maioría das veces, efémero e deixa máis trastornos ca riquezas.

Castro Candaz
Comentarios