Opinión

A bóla de neve da Ribeira Sacra

A DECLARACIÓN de Patrimonio da Humanidade para a Ribeira Sacra semella unha bóla de neve que comezou a rodar por capricho político e ten un futuro incerto. Cando hai tres anos o Valedor do Pobo puxo sobre a mesa que había que protexer este paraíso natural comezou a formarse a bóla. Besteiro, daquelas na Deputación de Lugo, deulle o primeiro empurrón cunha operación que tiña moito de márketing e pouco de preocupación real. Ao reto sumouse a Deputación ourensá, máis por obrigación ca por devoción, e preparouse o informe que leva ano e medio en mans da Xunta. Semella que a bola parou de correr, falta ver se se acabará derretendo.

Comentarios